<$BlogRSDUrl$>
Queremos crear un espacio de debate. Mentras avanzamos no uso da informática, aquí tes as nosas reflexións.
Se queres contarnos algo, ou se queres recibir automáticamente no teu correo os artigos, escribenos a QUEDAMOS SEN CORREO

2004-11-10

Um PGOM baixo suspeita 

Forges no País o 8/11/2004

O passado dia 8 de Novembro, com longas esperas no Registro Municipal, acabava na Estrada o praço de alegaçons ao Plano Geral de Ordenaçom Urbana que a estas alturas o nosso concelho ainda nom tem.

Temos que recordar que Ramom Campos foi elegido alcalde a primeira vez em 1991 tras umha moçom de censura que muitos denunciarom incitada por promotoras que nom queriam que Psoe e Bng aprovaram daquela um PGOM que dificultasse a especulaçom urbanística. Devemos admitir que se esta é a razom da sua promoçom como alcalde, a elecçom foi a correcta.

O primeiro projecto de PGOM da Estrada foi adjudicado à empressa Arteplán, que cobrou pelos seus serviços, apesar de que o seu trabalho foi revocado no 2000 tras receber 1544 alegaçons (lavoz 11/06/00). Resulta que este PGOM actual, realizado tendo em conta as alegaçons do anterior para melhorar a sua qualidade (?), recebeu mais de 2000 alegaçons. Decidirá novamente o Concelho atirar o dinehiro de tod@s nós e anulá-lo? Pode-se consentir que umha empresa com meio trabalho feito por outra, meta tanto a pata??

Mas, e esta é a pergunta do milhom, quem a empressa que conseguiu bater o recorde de alegaçons???

Depois de revocar aquele primeiro PGOM, o Concelho convocou um concurso para eleger a nova empressa. Esta foi ADIU SL, que receberá 421.000 ¤ (mais de 70 milhons de pesetas) pelo seu trabalho. A adjudicaçom é feita tras ser estimado "o conhecimento do município e a reduçom do praço de elaboraçom do plano geral", que seria de seis meses. O segundo ponto foi altamente cumprido: mais de dous anos depois ainda nom fôrom quem de aprová-lo (cobrarám igual o dinheiro?).

O primeiro ponto explica demasiadas cousas. A empressa pode pressumir de conhecer A Estrada porque o seu gerente é o arquitecto Carlos Rosón Gasalla. Claro que este senhor conhece A Estrada!!! Como que tem relaçom directa com a primeira sentência que condeia ao Concelho da Estrada por actuaçons urbanísticas ilegais!!!.

Os feitos remontan-se aos anos 1993 e 1994 nos que o Grupo de Governo Municipal Presidido por Ramón Campos, aproban as licéncias dos edifícios situados na intersección da rua Pérez Viondi con Irmáns Valadares (con 2 alturas máis do permitido) e os edifícios da prolongación de Xusto Martínez (cunha altura máis do permitido para esa rua, sendo a prolongación máis estreita), en contra dos informes dos técnicos municipais, xa que vulneraban a normativa urbanística vixente. O Bloque Nacionalista Galego apresentou denúncias no julgado contra ambas as decissons, dando-lhe a razom a Audiência Provincial, o Tribunal Superior de Justiça da Galiza e o Tribunal Supremo. Na actualidade, tanto o alcalde como parte dos seus concelheiros estám pendientes dumha posterior denúncia por prevaricaçom (e no meio anda também Jesús Palmou, todo um conselheiro). É de interesse um comentário da sentência do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza: "Pocas veces en cuestiones litigiosas de naturaleza urbanísitica se observa con tanta claridad un actuar municipal contrario a Derecho, Tanto en la resolución de la Comisión de Gobierno de 8 de noviembre de 1993, como en la del pleno de 5 de agosto de 1994" (podedes consultar todas as sentências na página do BNG).
Para se defender, o PP alegou que "os acordos urbanísticos anulados tinham informes favoráveis, tanto do redactor das normas urbanísticas (no caso da rua Justo Martínez) como do arquitecto encarregado do estudo de detalhe (no caso do edíficio na Irmáns Valhadares)" (lavoz 08/06/02). É CASUALIDADE QUE O ARQUITECTO EN QUESTOM LEVE POR NOME CARLOS ROSÓN GASALLA?? No DOG do 15 de Xuño de 1994 sai anunciado o seu estudo de detalhe "que afecta à alinhaçom da rua Pérez Viondi no tramo comprendido entre Irmáns Valladares e Praça de Galiza".

Se este senhor foi quem de mentir (dim-no os tribunais) dizendo que un edifício estava em umha praça em que bem se vê que nom está, que nom será quem de mentir no PGOM?? Nom explica isto em parte as grandes injustiças que os vizinhos detectamos no mesmo?? É de recibo que o futuro urbanístico da nossa vila e das nossas aldeias estejam em mans dum senhor com actuaçons no nosso concelho questionadas pela Justiça???

1 comentarios

2004-05-22

Catro cousas sobre este blog 

Unha.- Non é a nosa intención crear un blog ao uso: é simplemente o medio informático co que contamos de momento para ir facendo o que pretendemos: un lugar onde informar e debatir con liberdade. Deberá evolucionar, se as cousas saen como desexamos, a un portal colaborativo onde as usuarias e usuarios teñan a capacidade de aportar información, novas e comentarios. Pero vainos levar un tempo.

Dúas.- Como seguimos en probas, todavia non recomendamos esta dirección (provisional) mais que a persoas moi achegadas. Aínda así xa vai rulando e chegounos algunha felicitación, déronnos ánimos e xenerou certo interés. Xa aparecemos no google, vieiros e outras.

Tres.- Débolle disculpas á primeira persoa que publicou un comentario nesta web. Atopei unha páxina que proporcionaba un servicio independiente de comentarios para blogs baseado en javascript. Fixen o rexistro, e a publicación que fixo esta persoa demostrou que funcionaba.
Dous días despois o servicio do Blogger pechaba durante unhas horas para acometer reformas técnicas. Entre as novidades aparecia a posibilidade de incluir comentarios totalmente integrados no blog, ainda que non permitia engadir comentarios ás novas xa publicadas, e tampouco era boa idea manter simultáneamente ambos servicios. Así que, sentindoo moito, sacrifiquei o único existente ata o momento ... Disculpas: de verdade que foi moi gratificante sentir que algúen lera o que escribira.

Catro.- Unha averia informática grave vainos manter alonxados do traballo nesta web mais do que xa estabámos. Se non ocorre unha milagre técnica, estaremos como mínimo un par de semáns no dique seco para reparar o ordenata principal co que traballamos, navegamos, nos informamos e comunicamos.

E por último: se che interesa ser redactora ou redactor de novas sobre A Estrada, ponte en contacto connosco no correo. Agradecemos a túa axuda e queremos que isto funcione gracias as aportacións de moitas persoas.

1 comentarios

2004-05-06

Ramón Campos en Caracas  

Agora que se achegan as eleccións europeas, o alcalde Ramón Campos acude a América Latina a xestionar avances para A Estrada. Segundo o "programa" que se publica na Voz de Galicia, eu non vexo que vaiamos ter mellora algunha.
Ainda que, na nosa ignorancia de simples cidadáns sen responsabilidades de goberno, quizais non sexamos quen de percibir a importancia que teñen para os nosos intereses actos como "fiesta de bienvenida, presencia en una romería con misa y procesión en honor a San Paio, reunión con la directiva de la Asociación Hijos de A Estrada, recorrido turístico por Caracas, recepción a las familias emigradas con más necesidades, empresarios estradenses del sector del mueble y también con comerciantes y otros empresarios, etc ..."
Lamentablemente, na web do concello non puiden atopar información sobre a orde do dia para as citadas reunións. E xa que non disfruto da cobertura informativa de Radio Televisión da Estrada, pois non coñezo aínda o resultado destas xestións.
Ademais, esta viaxe ten un coste despreciable para o concello, pois un gasto de 600€ dentro dun presuposto anual de 600.000€ so representa a milésima parte do mesmo. Ainda que Gonzalo Constenla, concellal do BNG, aumenta esta cifra ata 3000€, tampouco isto é demasiado. De feito os dous acompañantes do alcalde (a súa dona e Valentín García, o normalizador lingüístico do Concello) "financian" o coste do seu billete nesta viaxe.
Eu penso que é pouco gasto. Se o concello invirte dúcias de miles de euros en camións para o lixo, e ninguén o considera excesivo, ¿por que tanto escándalo por medio kilo? ¿Como pode ser que un funcionaro municipal que vai realizar traballos de asesoramento cultural teña que pagar a viaxe do seu bolsillo? ¿Acaso os emigrantes mais necesitados non merecen un dispendio mais xeneroso?
¿Ou non será que tod@s @s cidadáns, a oposición, o alcalde, a súa muller e Valentín García teñen claro que esta viaxe non é para o que dicen que é?

2004-05-05

O escepticismo sobre "A Estrada Dixital" 

Se a información que ocasionalmente aparece na prensa non vos aclara moito as cousas sobre esta entelequia da Estrada Dixital, podedes probar a web oficial
Se tedes paciencia, un computador algo potente e o Plugin do Flash Player instalado, veredes unha espectacular animación (mirádea, é incrible) na que se di "Un Concello mais eficaz ... Unha tecnoloxía mais preto de tí ... Uns servicios mais útiles ... e para todos ... e para tí ... Comerciante: abre mais o teu comercio ... Maiores: vixía a túa saúde ... Empresario: observatorio sectorial do moble ... Xove: opina e participa ... cidadán do rural: aprende e comparte ... Emigrante: videoconferencia con América ... Estradense: o portelo dixital do Concello ... " Logo os créditos do Concello, Xunta, Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, Comisión Europea e INDRA, unha empresa tecnolóxica ligada ao sector militar que realizou a animación.
Logo chegaredes a un foro onde a xente pregunta e a información ... pois non convence moito. Para mostra, este comentario de varios cidadáns no mencionado foro.
"... previsión tecnológica de futuro para el municipio de A Estrada", "... proyecto único en Galicia", "compromiso del Ministerio de Ciencia y Tecnología y de la Xunta para llegar a los 6 millones de euros", "La apuesta será fuerte en las primeras actuaciones ...", "El proyecto tiene como eje central al ciudadano, y la tecnología es solo un instrumento" ... e moitas mensaxes con palabras de contido similar. Un veciño convidado expresa-se con claridade: "Boas. Estou mirando e remirando, entrando e reentrando e chego a conclusión de que aestradadixital só en un foro no que podemos dar a nosa opinión ¿Só é esto?"
Nin presuposto, nin obxectivos, nin estudios técnicos da situación, nin enquisas dos costumes e necesidades da poboación, nin as tecnoloxías a implantar, nin os estratos de poboación afectados: ninguén sabe en que consiste o proxecto.
Eu penso que se trata de facer unha grande inversión. E punto. Hai financiación prometida. Hai a quen darlle as contratas. Hai a quen darlle os postos de traballo. A fin de contas as xestións so se encamiñan a financiar o asunto, pero ¿para facer QUÉ?

¿Alfabetización dixital para toda a poboación?
¿Subvencións para a merca de ordenadores?
¿Substitución das liñas TRAC nos lugares que as sufren?
¿ADSL para o rural?
¿Wifi gratis/pago para algunha parte do concello?
¿Servicios especiais para o comercio e industria estradense?
¿Locais sociais para navegar por internet?
¿Formación informática para os maiores?
¿Proxecto especial para os centros educativos?
¿Administración dixital?
¿Servicios de Televisión Local Dixital?
¿Coordinación das obras civís para ir introducindo cableado?

Estas preguntas son mais informativas que todo o que temos lido ata agora. É demasiado obscuro, subterráneo. Fede a alcantarilla. Negocios escuros en voz baixa.
Se aos resposables lles resulta tan dificil explicar en que consiste isto, ou non o saben (e a ver que carallo estan facendo entón) ou teñen intereses ocultos que non se poden explicar aos cidadáns (disto haiche moito neste Reino).
¿E que pasará co cambio no governo Español?

0 comentarios

2004-05-04

¿Folga encuberta na Policia Local da Estrada? 

Dous artigos da edición local da Voz de Galicia dan conta da extraordinaria situación na que se atopa a Policia Local da Estrada.
En A Estrada, sin policías y sin grúa de F.S. Cordón, nos explica algúns detalles da situación, que obrigou a suspender o servicio de grúa, xa de por si con moitos problemas. Ao parecer, 6 dos 13 axentes da plantilla están de baixa médica, o que impide o funcionamento do servicio. Un deles colleu a baixa despois de ter sido denunciado por unha incompatibilidade laboral.
No artigo Patrullas con sólo un poli Pedro Bermúdez reflexiona pola auténtica causa de tanta baixa médica, ademais de engadir algún comentario "gracioso" fóra de lugar. Pregúntase, sen afirmalo, se isto non será unha folga encuberta dos axentes que non están contentos, entre outras cousas, coa situación laboral na que se atopan.
De feito, están entre os que menos cobran de toda a Comunidade. Tamén os favoritismos e listas negras están a orde do dia, ademais de outros problemas mais profundos.
¿Quen pon unha multa por aparcar mal, cando pode ser anulada pola Alcaldía, que o vai vender como un favor persoal?
Existe tamén un agravio comparativo co corpo de Protección Civil, antaño o ollo bonito do Goberno estradense. A chantaxe anual da renovación de contratos impide o desenvolvemento de actitudes que dignifiquen e profesionalicen o servicio de emerxencias. Aquí a crítica, a queixa, as baixas laborais e a indefinición das funcións das que se debe responsabilizar Protección Civil non causan problemas. Como non son funcionarios, calquera que proteste non será contratado ano que ven.

0 comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?