<$BlogRSDUrl$>
Queremos crear un espacio de debate. Mentras avanzamos no uso da informática, aquí tes as nosas reflexións.
Se queres contarnos algo, ou se queres recibir automáticamente no teu correo os artigos, escribenos a QUEDAMOS SEN CORREO

2004-05-29

O medioambiente, perfecto 

Augas da depuradora tinxen de gris o Regato de FigueroaAfirma Ramón Campos no Faro de Vigo (26 de maio do 2004) que "en materia de medio ambiente el trabajo está siendo perfecto y que ningún ayuntamiento del BNG nos puede dar lecciones medioambientales". As escandalosas declaracións de Ramón Campos son a contestación á solicitude do BNG estradense de que o Concello acometa un plan para recuperar os ríos Pinguenla, Liñares e Rego da Ponte. E continúa dicindo que "no hay ningún Concello en Galicia que se encuentre en unas condiciones tan buenas como las nuestras". Estas palabras permiten ver claramente a escasa competencia e racionalidade da persoa que nos governa. Sen deixar espacio ás críticas ou as propostas de quen sabe mais que el (cousa non moi difícil), acusa ás depuradoras "obsoletas" de "no funcionar bien en ningún momento" pero insistiu en que "esta situación no está perjudicando a los rios de A Estrada".
Quen teña visto a cor e o cheiro do regato de Figueroa, ou os fungos brancos que recobren os fondos do Liñares, sabe ben que isto non pode ser certo.
E cabe preguntarse que técnicos avalan a caducidade dunhas instalacións construídas hai 15 anos que deixan de ser funcionais sen motivo aparente. O que ocorre é que estas instalacións foron construídas sen facer unha correcta avaliación das necesidades, sen desenvolver estudios integrais sobre o problema, con proxectos feitos "a ollo" e optando por un modelo de depuración ineficiente e caro de manter, só porque a construcción é mais barata que a das auténticas depuradoras. A culpa non pode ser das instalacións, senón deses políticos que as mandaron facer a pesares de que era difícil que puideran cumplir a súa función.
O BNG afirma que isto débese a que traballan con un volume excesivo de augas residuais, e dicir, que tiramos demasiado da cadea do WC. Pero tamén é sinificativa a indifencia coa que tratamos este problema, que non se solucionará (posiblemente) ata que entre en funcionamento a nova depuradora de Aguións.
A depuración das augas non é un proceso perfecto, e resulta bastante caro manter unha depuradora funcionando correctamente. Non sei se seria bó considerar algún tipo de campaña na poboación para reducir no posible a producción de augas residuais: existen no mercado cisternas que evacúan distintas cantidades de auga segundo as necesidades. Eu non acabo de acostumarme a tirar 15 litros de auga para evacuar unha pequena mexada cando coñezo o estado dos rios estradenses. Tamén gostaría de recibir información acerca dos productos de limpeza que menos danan o medio, ou cales son as cantidades recomendabeis de leixivia para desinfectar pero sen pasarse, se podemos botar aceites de cociña polo fregadeiro, etc. Son cuestións técnicas que ben se poderian transmitir aos cidadáns con un folleto. E pode que no rural sexa mais barato e efectivo outro modelo baseado en depuradoras individuais. Non o sei, pero non estaria mal poñer toda a información enriba da mesa, e poder xulgar por nós mesmos.

Comments:
Aquí coloco as declaracións de Chito, dado que a web do Faro de Vigo require rexistrarse (gratuítamente) pero non ten hemeroteca mais que para 15 días:

"NINGÚN CONCELLO DEL BNG NOS PUEDE DAR LECCIONES DE MEDIO AMBIENTE", SEÑALA

Campos revela que Medio Ambiente defiende la pureza de los ríos locales


Daniel Fernández / A ESTRADA

El alcalde de A Estrada, Ramón Campos, respondió ayer a las críticas del grupo municipal del BNG por el estado de contaminación de los ríos locales y reveló que, pese al mal funcionamiento de las actuales depuradoras, el estado de los cauces del municipio es bueno, ya que así lo atestiguan los informes periódicos elaborados por la Consellería de Medio Ambiente.

El regidor local calificó los actuales puntos de depuración de "viejos y obsoletos" y los acusó de "no funcionar bien en ningún momento", pero insistió en que esta situación no está perjudicando a los ríos de A Estrada. En todo caso, vaticinó que la Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Aguións estará funcionando en un plazo de tres meses y auguró que esta circunstancia mejorará aún más el servicio, ya que "es una infraestructura de nueva generación casi única en Galicia". El alcalde desveló que las cinco depuradoras actuales quedarán únicamente como punto de bombeo y señaló que con la EDAR se podrá mejorar el "desastroso" sistema de saneamiento que existe en el entorno del polígono industrial de Toedo, demanda vecinal y empresarial.

Campos insistió en sus críticas a los nacionalistas asegurando que en materia de medio ambiente "el trabajo está siendo perfecto" y mencionó al concejal de ese área, Manuel Rodríguez, antes de señalar que "ningún ayuntamiento del BNG nos puede dar lecciones medioambientales".

"No hay ningún concello en Galicia que se encuentre en unas condiciones tan buenas como la nuestra", afirmó, antes de recordar que los sistemas depuradores de Codeseda, Souto y Tabeirós están obteniendo un buen rendimiento. Además, explicó que toda esta infraestructura viene acompañada de los constantes proyectos de alcantarillado, "en los que nos gastamos mucho, pese a las dificultades de atender a 51 parroquias y 470 lugares".
 
Enviar um comentário

This page is powered by Blogger. Isn't yours?