<$BlogRSDUrl$>
Queremos crear un espacio de debate. Mentras avanzamos no uso da informática, aquí tes as nosas reflexións.
Se queres contarnos algo, ou se queres recibir automáticamente no teu correo os artigos, escribenos a QUEDAMOS SEN CORREO

2004-05-23

Proxecto de semipeatonalización (I) 

¿Que podemos decir da obra para "peatonalizar" a máis céntrica das rúas da Estrada? Pois que non é mala idea, pero hai aspectos sobre os que cabe mais dunha reflexión. A obra é un proxecto(?) da Consellería de Obras Públicas da Xunta de Galicia e está presupostada en mais de 900.000 € e adxudicada por 750.000. Segundo a nota de prensa que publicou a Conselleria "o obxectivo é dar continuidade ó eixe comercial principal de A Estrada. Dita remodelación consiste na adaptación do mobiliario urbán, a reducción da sección da zona de rodadura, ampliando deste xeito as beiravías, e sustituindo ou implantando instalacións de abastecemento, saneamento, alumeado e telefonía, según corresponda".
Non parece que sexa unha obra prioritaria. É de agradecer que o automóbil sexa desprazado do centro da vila, pero é evidente que non sofrimos unha presión abafante de fume, ruido e atascos como para gastar arredor de 125 milóns de pesetas. Tampouco está mal a incorporación de mais espacios para a vida de rúa, aumentar o ancho de beirarúas, colocar bancos, prantar unha árbore...
Pero son moitos cartos para cambiar un pavimento que estaba en perfecto estado e unhas baldosas que non tiñan tantos anos.
O caso é que os gobernates do Concello e da Xunta fan obras cando lle peta e como lle peta, moitas veces sen un proxecto claro, axustando as condicións ao capricho diario do alcalde ou concellal de turno, obviando as recomendacións técnicas ou sen valorar as necesidades d@s governad@s.
Resulta sintomática o tira e afrouxa mantido coa ACOE a conta do aparcamento. O proxecto inicial contaba só con 12 prazas. o alcalde promete un parquing noutro lugar da vila, incluso un subterráneo na praza da feira. Os comerciantes celebran unha asemblea e piden alomenos 12 mais, valorando positivamente o compromiso de limitar o tempo de estacionamento a 15 minutos durante o horario comercial. O alcalde promete, antes das elecións municipais do 25 de maio, chegar a 30 prazas. Logo acordan un aprazamento de dous meses do inicio das obras, previstas para o 1 de xuño. Ao dia seguinte anunciase a ampliación da peatonalización á rúa Xusto Martínez, o que permitirá a integración coa recentemente remodelada Praza do Concello. A escola taller será quen execute a metade da obra. Finalmente anúnciase o inicio das obras a mediados de setembro, así como algunhas características descoñecidas ata o momento: para evitar que se estacione sobre as beirarúas, estas irán situadas a 17 centímetros do firme de la calzada, que irá pintado dalgunha cor ainda por determinar. O alcalde estradense manifesta que a ampliación do número de plazas de aparcamiento se estudiará tras o comezo das obras: "Sobre a marcha veremos se se poden meter máis plazas ou non" (cando as obras levan adxudicadas case 3 meses). Na ACOE acollen estas palabras con preocupación. O dia da inauguración das obras, anuncianse definitivamente que serán 29 os lugares para estacionar.
Como podemos ver actualmente, a calzada está ao mesmo nivel que a beirarúa, só hai 12 prazas de estacionamento e 4 de carga/descarga e Ramón Campos responde que terán que colocar bolardos e outros elementos de mobiliario urbano para evitar o estacionamento: "Onde haxa que poñer un bolardo, vai un bolardo como hai Dios". Por axustes presupostarios deberán prescindir do aglomerado de cor. Tiveron que levantar un anaco da beirarúa na Praza da Farola cando se decataron de que debian pór os contenedores subterráneos do lixo antes que o enlousado de pedra.

Tamén a Sociedade Astronómica da Estrada fai unha chamada ao Concello para que dé marcha atrás no proxecto de alumeado previsto para as rúas semipeatonais. Sostén que este tipo de focos produce unha alta contaminación lumínica e un grande desperdicio enerxético e económico. Dias despois o Concello descarta por completo o cambio de farolas, pois segundo o Alcalde "Estas farolas están en todos los sitios y ciudades, como en Vigo, y no considero que se deban cambiar para poder ver las estrellas".
¿Hai proxecto?¿Onde van os cartos do aglomerado de cor?

Comments:
FARO DE VIGO Domingo, 23 de mayo de 2004 DEZA-TABEIRÓS

EL GOBIERNO TRABAJA EN UN PLAN DE AHORRO ENERGÉTICO, RECLAMADO POR LOS NACIONALISTAS

El concello descarta cambiar farolas por polución lumínica

Daniel Fernández / A ESTRADA

El Concello de A Estrada ha descartado por completo el cambio de farolas en calles de la localidad pese a las recientes quejas del grupo municipal del BNG y de la sociedad local de astronomía sobre la contaminación lumínica que generan muchos de los báculos colocados, especialmente los de reciente instalación en las calles que están siendo mejoradas o peatonalizadas.

El regidor local, Ramón Campos, rechazó que se vayan a cambiar las luminarias, indicando además que supondría un elevado coste, ya que la mayor parte de las que motivan las críticas son nuevas. "Estas farolas están en todos los sitios y ciudades, como en Vigo, y no considero que se deban cambiar para poder ver las estrellas", manifestó.

Cabe señalar que los nuevos báculos que se están instalando en calles como Justo Martínez, Ulla, Calvo Sotelo, Peregrina e Iryda o la Praza do Concello cuentan con cuatro metros de altura y, según nacionalistas y astrónomos, iluminan hacia el cielo en vez de hacerlo hacia las aceras y las propias calles. Según su opinión, está situación dificulta las visiones del cielo nocturno y emite residuos que causan contaminación.

Por otra parte, el concello estradense está estudiando la posibilidad de llevar a cabo un plan de ahorro energético, ya que permitiría reducir los más de 600.000 euros anuales que se gastan en electricidad. Esta iniciativa, que los populares dejaron entrever en el pasado pleno de presupuestos, lleva siendo reclamada de manera constante por el grupo municipal del BNG, que incluso presentó una enmienda en esta línea, junto con otras reductoras del gasto, a la previsión de cuentas. El gobierno rechazó la propuesta y trabaja en esta materia por su cuenta, ya que el BNG liga bastante este plan al cambio de farolas contaminantes.
 
Enviar um comentário

This page is powered by Blogger. Isn't yours?