<$BlogRSDUrl$>
Queremos crear un espacio de debate. Mentras avanzamos no uso da informática, aquí tes as nosas reflexións.
Se queres contarnos algo, ou se queres recibir automáticamente no teu correo os artigos, escribenos a QUEDAMOS SEN CORREO

2004-05-10

XXXI Edición do Funeral do Salmón 

Dentro duns dias terá lugar a Festa do Salmón, unha exaltación gastronómica adicado ao "Rei do río", como lle chaman os dóciles cronistas. Xa imos pola 31ª edición, se as contas non me fallan. O aspecto gastronómico do salmón é o único resto que queda dun pasado mais amable, xa que o presente dos ecosistemas fluviais da comarca é deprimente, e o futuro terrorífico. Non temos moito que celebrar.
O drama comeza en 1968 coa construcción da Presa de Portodemouros, e xa en 1974 se celebra o 1º Funeral do Salmón, víctima colateral da producción hidroeléctrica. Destruense con esta obra os recunchos do rio Ulla onde os salmóns deixan os seus ovos para reproducir a especie. Algo que viñan facendo desde a última glaciación, hai miles de anos. É significativa a evolución das cifras das capturas publicadas por un pescador anónimo ou pola Xunta (que só mostra os últimos 5 anos para aparentar un incremento absoluto das cantidades):

1975->105 * 1976->263 * 1977-> 88 * 1978->296 * 1979-> 24 * 1980->543 * 1981->256 * 1982->104 * 1983->104 * 1984->180 * 1985->175 * 1986->256 * 1987-> 56 * 1988-> 62 * 1989-> 13 * 1990-> 13 * 1991-> 33 * 1992-> 21 * 1993-> 1 * 1994-> 4 * 1995-> 1 * 1996-> 2 * 1997-> 1 * 1998-> 0 * 1999-> 0 * 2000-> 3 * 2001-> 10 * 2002-> 20 * 2003-> ?

E houbo tentativas serias para evitar a morte. Nos anos 90 a Conselleria de Medio Ambiente iniciou un programa para a recuperación do salmó. Incluía o establecemento de dúas estacións ictiolóxicas no Couto de Ximonde e no Liñares, río que foi elexido para realizar os desoves artificialmente e substituir ao Ulla enfermo. Contou coa participación de expertos da Xunta dirixidos por Carlos García de Leániz, un profesional con ampla experiencia e recoñecemento internacional. Este grupo de científicos foi capaz de fecundar e incubar artificialmente os ovos de exemplares adultos capturados nas citadas estacións, logrando a sua eclosión, marcado de esguíns (alevíns de salmón) e certificar anos despois o retorno dalgúns exemplares. Conseguiran simular o ciclo natural da especie.
O plan non durou moito. Primeiro despediron de maneira humillante a García de Leániz, quizais porque propuxo, entre outras cousas de sentido común, tirar a presa que hai no Xirimbao en Couso. Agora traballa con certo éxito en Cantabria e segue sendo referencia mundial. Os seus compañeiros de Ximonde continúan a labor como poden, con medo a que a Xunta os destine a apagar lumes nos Ancares se se queixan demasiado.
En cambio, os nosos gobernantes nunca se molestaron en facer algo coas "impurificadoras" de augas, que verten no Liñares desde hai anos. Mais tarde déronlle permiso a Hidroeléctricas Cortizo para facer unha minicentral no río. Posteriormente Unión Fenosa obtivo sen problemas a licencia para facer 6 novos embalses mais no rio Ulla. Agora centralizan os verquidos da Estrada na zona de Aguións. En fin, plan finiquitado e rio sentenciado á morte.
Pero temos salmón de piscifactoria para seguir facendo a celebración gastronómica, como se o aspecto culinario fora realmente o importante. Salmón que sube agora gracias a rios de mentiras e verdades silenciadas. Aqui podemos ler: "La abundancia de salmones en el río Ulla propicia la celebración de este encuentro gastronómico". Ás autoridades do Réximen participan no Funeral dando pregóns e auto-condecorándose co Salmón de Ouro. Este premio establecido polo Concello Estradense foi recibido, entre outros, polo Delegado de Unión Fenosa na Estrada. Nunca llo darán á xente como Leániz ou organizacións como AEMS.
O ano pasado, Ana Pastor, daquela Ministra de Sanidade defendía a Festa do Salmón "por respeto a las tradiciones que hai en Galicia y frente a la globalización. Es una obligación manterlas para las generaciones futuras". E sigue a crónica: "Estableció un paralelismo entre la historia del río Ulla y la del pueblo gallego, que destaca por el esfuerzo de respetar sus tradiciones y proteger su privilegiado entorno natural". E Alberto Núñez Feijóo comparou "la fuerza del salmón, que remonta el río contra corriente para volver a sus orígenes, con el carácter gallego, un pueblo que lucha por lo que quiere y no se deja llevar por la corriente". Así nos vai, como ao salmón. Só nos falta que aos galegos nos crien en granxas. Curiosamente a Ex-ministra de Sanidade e consumo eloxiou "los valores nutricionales de este pescado" meses antes de que quedase probada a toxicidade do salmón de piscifactoria, pois contén substancias canceríxenas como PCB's procedentes dos piensos cos que é alimentado [1] [2] [3].
Dentro do programa da Festa, poderán vostedes visitar a Feira de Antigüidades e Cousas Curiosas, a Exposición Filatélica e para os mais pequenos, un parque de atraccións denominado DiverSalmón. Se vostede é pescador, debe tentar a captura dalgún dos escasos exemplares que aínda quedan no Ulla.
Visitaron a festa unhas 10.000 persoas.

Comments: Enviar um comentário

This page is powered by Blogger. Isn't yours?