<$BlogRSDUrl$>
Queremos crear un espacio de debate. Mentras avanzamos no uso da informática, aquí tes as nosas reflexións.
Se queres contarnos algo, ou se queres recibir automáticamente no teu correo os artigos, escribenos a QUEDAMOS SEN CORREO

2004-07-09

Carburantes Acibro: una modélica empresa estradense 

Carburantes Acibro e o Concello da EstradaPublica a Voz de Galicia que o Xulgado de Ferrol rematou a instrucción do caso do "macrofraude do gasóleo" en Galiza, no que se acusa a diversas persoas e empresas dunha multimillonaria evasión de impostos. Segundo o sumario, o total defraudado ascende a 18 millóns de €, estando á cabeza da operación a empresa estradense Carburantes Acibro responsables do desfalco de 15 millóns de €.
Estes empresarios emprendedores conseguiron vender millóns de litros de gasoil sen pagar os impostos que sí pagamos o resto dos cidadáns, manexando unha trama na que participaron (sempre segundo a acusación do xuíz instructor) mais de 30 persoas, incluíndo aos nosos veciños da Estrada, guardas civis, axentes de aduanas e ata un mendigo que figura como testaferro dunha das empresas pantalla.
Durante a instrucción o xuíz Alejandro Millán decretou a intervención da administración económica de Carburantes Acibro, que funcionou durante meses baixo a vixiancia dun administrador xudicial. Era o encargado de permitir ou impedir a realización de pagos por parte da empresa intervida. Durante meses o xerente da empresa, Jesús Castro García, fixo reiteradas queixas polo soldo que cobraba o administrador, queixas convenientemente difundidas na prensa local. Ao final as presións surtiron efecto e a Axencia Tributaria retirou este control aducindo que carecia de presuposto.
Ao final da instrucción o propio xuiz declarou contar con "escasos medios funcionariais para levar a cabo a investigación" pois solilitou un servicio de apoio que nunca chegaron a concederlle.
É coñecida a profunda e duradeira relación existente entre a familia Castro-García e o Alcalde da Estrada, así como co resto das distintas administracións galegas, das que levan recibindo contratas de obras e outras prebendas desde hai décadas. É habitual que Chito realice chamadas telefónicas para "aconsellar" o sempre inmellorable prezo do gasoil de Acibro. De feito, todo o gasoil usado polo Concello é suministrado por esta empresa. Tamén é habitual que Transportes y Maquinaria (antiguamente Construcciones Jesús Castro) execute contratas de obras do Concello de A Estrada ou da Deputación de Pontevedra, como o asfaltado de pistas ou saneamento.
A cementeira Monpasa, tamén da mesma familia, é suministradora de moito do formigón utilizado nas obras da autopista Santiago-Dozón. Foi denunciada por outras empresas do sector representadas pola Asociación Nacional de Fabricantes de Hormigón por competencia desleal, pois as instalacións do Foxo carecian de calquer tipo de licencia. Tamén varias veciñas do lugar denunciaron o caso xa que vivian literalmente rodeadas por unha industria molesta, insalubre,ruidosa e sen licencia. Ramón Campos tivo que ver cerca unha querela por prevaricación para que asinase a orde de peche das instalacións de Monpasa no Foxo. Non acababa de comprender cal era o problema, pois dicia que na empresa estaban traballando para trasladarse ... a outra parcela sen licencia. Unha das cementeiras da competencia, situada no Polígono de Toedo, foi visitada en diversas ocasións pola Policia Municipal para investigar a legalidade das instalacións, ainda que para pesar do Alcalde e dos Castro, todo estaba en regla.
No ano 2001 a familia Castro-Garcia pagou os gastos da comida anual de Protección Civil, na que Ramón Campos pediu ao daquela Ministro de Defensa, Federico Trillo, "un canón para combatir aos enimigos de A Estrada".

Comments:
Bom, suponho que xa vos enteirastes de que a xustiza vén de ordear o peche da pranta de Agar. Por certo, que logo desa información e dalgunha outra referida ó mesmo grupo, escoitei que o tal Jesús Castro chamou a un/unha xornalista e @ insultou ata que cansou.
 
SERIA INTERESANTE CONOCER LAS DOS VERSIONES
 
Enviar um comentário

This page is powered by Blogger. Isn't yours?