Se queres contarnos algo, ou se queres recibir automáticamente no teu correo os artigos, escribenos a QUEDAMOS SEN CORREO
2004-09-14
¿Como é o convenio de A Estrada Dixital?
No primeiro Consello de Ministros posterior ás vacacións aprobouse definitivamente o convenio entre o Concello de A Estrada e o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía. Segundo publican o Faro de Vigo e a Voz de Galicia, o presuposto do proxecto de A Estrada supón a inversión de 5,2 millóns de euros de aquí ao 2007. O ministerio comprometeu a aportación do 50%, e o resto o financiarán a Xunta, a Diputación e o Concello, coa colaboración de Caixa Galicia (?).
Seguindo a liña marcada ata agora, non fun quen de ver (polo momento) o texto dos distintos convenios asinados polo Concello de A Estrada, así como do anteproxecto/proxecto no que se basean todos eles. Nin na web do Concello, nin na da Estrada Dixital, nin no Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, nin na páxina da Moncloa, atopei dados concretos do contido do convenio. Só a prensa local informa dalgúns detalles, polo que entendo que manexan información privilexiada obtida dos integrantes de A Estrada Dixital. O escurantismo co que se leva o proceso xenera moita desconfianza no desenvolvemento do proxecto, impedindonos aos cidadáns estradenses avaliar, fiscalizar e intervir nunha inversión de case 6 millóns de €. Durante este tempo non houbo mais que declaracións de intencións e referencias erráticas sobre o contido real do proxecto, así como a insistencia na inversión económica (o canto) evitando referencias a actuacións concretas (o qué) .
Aínda así, se publican no Faro de Vigo (4-9-2004), por primeira vez, unha parte dos presupostos previstos para as diferentes liñas de actuación (a prosa é orixinal de Daniel Fernández, redactor do Faro de Vigo). Sorprenden algunhas cifras, como que o 50 % da inversión anunciada se concentra en dous apartados, marketing e a creación de ferramentas informáticas para os empresarios que suman ¡1.713.000 € = 284.000.000 pesetas!
- Formación (293.488 €) Plan formativo dirixido a todos os sectores sociais que se impartirá de maneira presencial e on-line. Esta iniciativa pretende conseguir que todos os estradenses saiban usar os equipos informáticos e se beneficien dos servicios que se poñan en marcha.
- Ruralcentros (104.139 €) Habilitarán-se 15 casa-escolas con equipos informáticos para acercar Internet ao medio rural
- Equipos informáticos (390.000 €) Baixo o título "En cada casa un PC" o concello estradense creará unha línea de subvencións para comprar ordenadores e equipos informáticos
- Plataforma (265.861 €) Conformación dunha Plataforma Servidora de Acceso a los Servicios de "A Estrada Dixital". Este equipo actualizará os contidos e dotará de información aos distintos servicios para mellorar a calidade de vida dos usuarios
- Pontos de Acceso (102.312 €) A localidade estradense contarán con seis Puntos de Acceso Público (PAP), con forma similar a unha cabina telefónica, pero que no interior dispoñen dun ordenador con acceso a Internet.
- Teleadministración (561.976 €) Esta ferramienta permitirá realizar, por medio dun ordenador, empadroamentos, solicitudes de información, presentación de avales e pago de impostos.
- Sector económico (1.338.278 €) Creación de ferramientas de xestión para os empresarios, como "Moblenet", "Plataforma para a ACE", Viveiro de empresas, "Teleduca", "Comercia" -centro virtual de comercio electrónico-, "Estradaverde" -para o turismo rural- e "Estradaexterior", que permitirá as conexións e videoconferencias co extranxeiro
- Marketing (379.625 €) O proxecto contempla unha importante partida para a difusión e promoción das posibilidades entre os estradenses e tamén no resto de Galicia, xa que o proxecto alcanza este ámbito.
Comments:
Fixen unha consulta por correo electrónico na web das cidades dixitais e isto foi o que me responderon:
"Buenos días
El 3 de septiembre de 2004 se aprobó la firma de un convenio entre el
Ministerio de Industria, Turismo y Comercio y la Xunta de Galicia (sobre el Programa de Ciudades Digitales no hay ningún convenio entre el Ministerio y el Ayuntamiento).
Cuando se firme el mencionado texto se publicará en el BOE y, al igual que el resto de los convenios ya firmados, en la página web del ministerio www.min.es.
Para cualquier aclaración o consulta no dude en ponerse en contacto conmigo a través de esta dirección de correo.
un saludo
Xxxxxxx Xxxxxxxx
Ciudades Digitales
Ministerio de Industria, Turismo y Comercio"
Enviar um comentário
"Buenos días
El 3 de septiembre de 2004 se aprobó la firma de un convenio entre el
Ministerio de Industria, Turismo y Comercio y la Xunta de Galicia (sobre el Programa de Ciudades Digitales no hay ningún convenio entre el Ministerio y el Ayuntamiento).
Cuando se firme el mencionado texto se publicará en el BOE y, al igual que el resto de los convenios ya firmados, en la página web del ministerio www.min.es.
Para cualquier aclaración o consulta no dude en ponerse en contacto conmigo a través de esta dirección de correo.
un saludo
Xxxxxxx Xxxxxxxx
Ciudades Digitales
Ministerio de Industria, Turismo y Comercio"
