<$BlogRSDUrl$>
Queremos crear un espacio de debate. Mentras avanzamos no uso da informática, aquí tes as nosas reflexións.
Se queres contarnos algo, ou se queres recibir automáticamente no teu correo os artigos, escribenos a QUEDAMOS SEN CORREO

2004-09-15

A Estrada a vista de paxaro 

A nova ponte da Autopista a Lalín sobre o Rio ulla
Impresiona un pouco esta imaxe da ponte da Autopista sobre o Rio Ulla.
O Ministerio de Agricultura pon a disposición do público o Sistema de Identificación de Parcelas Agrícolas, SigPac, un servicio web no que poderedes examinar fotografias aéreas (ortofotos) de calquer ponto xeográfico do Estado Español. Por primeira vez é posible acceder gratuítamente a un servizo que empresas e organismos públicos veñen utilizando desde hai anos a través do Instituto Xeográfico Nacional, a un prezo desorbitado para o público doméstico. Hai que ter en conta que a enorme inversión realizada para obter estas imaxes está pagada cos impostos de tod@s.
Facendo uso da ferramenta zoom pode-se visualizar calquer parte do estado desde o ar, permitindo ademais a medición de distancias e superficies con grande exactitude. Á máxima ampliación seredes capaces de distinguir a vosa casa, a vosa veciñanza, os camiños e rúas, elementos singulares do territorio ...
Non todo é perfecto. O mapa só funciona co navegador Microsoft Internet Explorer, o que é un dos poucos motivos que nos quedan para non eliminar este programa tan malo e inseguro do noso computador. Ademais as imaxes son de pequeno tamaño e levan a "marca de auga" do SigPac, e non se poden imprimir co botón do menú. En caso de querer gardar unha vista aérea no voso disco duro, para imprimila ou enviala por correo electrónico, teredes que utilizar un capturador de pantalla, un programa que e capaz de "fotografiar" a pantalla dun ordenador. Eu usei o Screenshot Pilot, pero vos podedes buscar algún outro mellor como os que hai en Softonic.

Comments:
Bastante molesto estaba eu por non poder usar o mozilla, firefox (e o Linux) para acceder ao Sigpac, así que ocorreuseme preguntarlle ao google: efectivamente, nun post de Barrapunto atopei a resposta: só hai que cambiar o enlace co que se accede; ademais así desaparece a molesta imaxe que da título á páxina e que non aporta información ningunha, facilitando a visión en pantallas de 800x600 pixels
 
Enviar um comentário

This page is powered by Blogger. Isn't yours?