<$BlogRSDUrl$>
Queremos crear un espacio de debate. Mentras avanzamos no uso da informática, aquí tes as nosas reflexións.
Se queres contarnos algo, ou se queres recibir automáticamente no teu correo os artigos, escribenos a QUEDAMOS SEN CORREO

2004-09-18

Martínez Anido, unha Praza para un criminal 

Martínez Anido. Obtida de http://www.jrcasan.com/MONFORTE/Coruna/coruna.htmPopularmente chamámoslle a Plazuela ou Praza dos vellos. Antigamente foi a Praza do Mercado. Legal e oficialmente, díselle Praza de Martínez Anído. Pero, ¿quen foi esta persoaxe?
Temible, brutal e sádico son adxectivos asociados á figura do Xeneral Severiano Martínez Anido. Buscade no Google e comprobaredes o grande papel que este militar xogou a finais do século XIX e primeiros tercio do s. XX na historia do Estado Español. Non vos será tan doado atopar o motivo polo que a Praza do Mercado se lixa co seu nome.
Cos datos obtidos de biografías [1,2,3], textos históricos [1,2,3] e a Gran Enciclopedia Larousse, pódese construír unha panorámica da súa vida e horrenda obra. Queda intercalada a imaxe do personaxe que relata Olimpio Arca Caldas na súa obra "Callejero Histórico de la Villa de A Estrada". Tamén se poden ver dúas fotografías del en 1 e 2.
Foi Martínez Anido un militar y político de relevancia en las postrimerías del siglo XIX y primer tercio del actual XX
1862.- Nace en Ferrol
1884.- Alférez de infantería
1897.- Ascendeu a Comandante por méritos na Guerra de Filipinas
1902.- Es nombrado Gobernador Militar de Cataluña, plaza en la que pone de relieve su preparación
1909.- Ascendeu a Coronel por méritos na Guerra de Marruecos
1911.- Axudante de órdenes do rei Alfoso XIII
1912.- Director da Academia de Infantería
1914.- Ascende a Xeneral
1917.- Gobernador militar de Guipúzcoa
1920.- Ata 1922, Gobernador civil de Barcelona, onde reprimeu con man dura o movemento obreiro. O 30 de novembro de 1920 prohibe os sindicatos e deporta a 30 dirixentes sindicalistas. Provoca unha grande espiral de violencia organizando unha banda de pistoleiros co apoio incondicional da oligarquía catalana. Entablou unha encarnizada loita contra os anarquistas, e considerase que foi o promotor da sinistra Lei de Fugas, promulgada cando voltou ao poder o conservador Eduardo Dato. Verdadeira Lei Antiterrorista, Martínez Anido manexouna ao seu antollo mentras exerceu de gobernador barcelonés. A lei consistía en que as forzas da orde pública podían disparar e matar a un detido se este facía ademán de fuxir. Nos anos vinte, coa represión de Martínez Anido e o seu xefe da policia, Miguel Arleguí, foron centenares os anarco-sindicalistas asesinados pola lei de fugas ou polos pistoleiros da patronal organizados nos Sindicatos Libres.
Como Gobernador Civil de Barcelona, interviene en los conflictos de los huelguistas, que por aquel entonces se habian hecho fuertes en las empresas catalanas. Martínez Anido gozaba en la ciudad de Barcelona de una ilimitada confianza en un amplio círculo de empresarios, mientras que en Madrid comenzaban a estimar que su actitud era demasiado represiva
1922.- É destituído do cargo por Sánchez Guerra por extralimitarse.
1925- Ata 1929 foi Ministro de Gobernación durante a Dictadura de Primo de Rivera
1926.- La ansiada y necesaria plaza de abastos,la ampliación de la traída de aguas y su correspondiente alcantarillado, el matadero municipal, puentes y lavaderos en el medio rural, se hacen realidad durante el mandato de D. Benito Vigo [Alcalde de A Estrada en 1926]. [...] se necesita un "padrino" que en Madrid dé el "visto bueno" a la autorización del crédito [para a realización das obras]. Esta persona es Don Severiano Martínez Anido.
Cuando las obras han dejado de ser proyecto y se convierten en tangible realidad, Martínez Anido quiere conocerlas personalmente y se desplaza A Estrada para ser partícipe de la alegría del pueblo. El recibimiento que se le tributa está en consonancia con los favores recibidos y por acuerdo unánime de la Corporación Municipal se le concede el título de Alcalde Honorario de este pueblo. El homenaje de autoridades y pueblo quedará en los anales de nuestra historia municipal.
1927.- "Yo solucioné los conflictos sociales de Barcelona, sin hacer uso de la Policía y la Guardia Civil. Lo que hice fue que se levantara el espíritu ciudadano, haciendo que desapareciera la cobardía, y recomendando a los obreros libres que por cada uno que cayera debían matar a diez sindicalistas" (Zamora, 17 de xullo de 1927)
1930.- Fuxe para o exhiliarse en Francia ao proclamarse a República
Al proclamarse la república, Martinez Anido huye a Francia donde vive tranquilo pero sin desvincularse de los problemas españoles, los cuales sigue atentamente.
En 1931, también por unanimidad [da Corporación Municipal], se acuerda anular ese título de alcalde honorario, concedido en tiempos de la Dictadura a Don Severiano Martínez Anido.
1937.- Durante a Guerra Civil adhirese ao Movemento e dirixiu o Ministerio de Seguridade no Goberno de Burgos. Naqueles tempos, os consellos de guerra dictaron, en ausencia de cualquera garantía procesal, numerosas sentencias de morte tomando o relevo aos falanxistas. Os fusilamentos por rebelión militar se sucederían ao longo de toda a guerra. O máximo apoxeo alcanzouse co nomeamento en outubro de 1937 de Severiano Martinez Anido como xefe de Seguridade Interior para a retaguardia. Foi tal a dimensión alcanzada polo terror que desde as propias filas franquistas foi considerada a situación como intolerable.
Durante muchos años se vino llamando por el pueblo la Plaza o Plazuela del Mercado hasta que en el año 1932, en plena efervescencia republicana, el día primero de Mayo, se descubre en esta plaza del Mercado una placa en la que figura el nuevo nombre: "Mártires de la Libertad"
Este nombre va a ser tan efímero como la duración de la República y así en año 1937, cuando de nuevo Martínez Anido vuelve a figurar en la política española, en sesión del 25 de febrero, el pleno de la Corporación Municipal acuerda dar el nombre de "Plaza de Martínez Anido" a esta histórica plaza del mercado.
1938.- Morre en Valladolid.

No século XXI, o rueiro da Estrada segue homenaxeando a asasinos e represores da Guerra Civil.

Comments:
Moi bo traballo de documentación. Habería que imprimilo e distribuilo pola Estrada a ver se ese concello fai algo para que remate esa vergoña. Se cadra xa o fixestes...eu non vivo aí.
 
Enviar um comentário

This page is powered by Blogger. Isn't yours?