<$BlogRSDUrl$>
Queremos crear un espacio de debate. Mentras avanzamos no uso da informática, aquí tes as nosas reflexións.
Se queres contarnos algo, ou se queres recibir automáticamente no teu correo os artigos, escribenos a QUEDAMOS SEN CORREO

2004-11-08

Un PXOM para a Fiscalía Anticorrupción 

Forges no País o 8/11/2004

O 8 de novembro de 2004 pechouse o prazo para presentar alegacións para o (¿Anteproxecto?) do Plan Xeral de Ordenación Municipal de A Estrada. Este documento consiste nun conxunto de normas e instruccións que regulan o uso do chan no concello. Nel determínase onde se pode edificar e onde non, que tipo de edificios se constrúen en cada lugar, que uso se lle poderá dar a cada terreo, resérvase espazo para novas estradas, rúas, e zonas verdes, incluso se poden declarar zonas protexidas polo interés patrimonial, arqueolóxico, natural ou paixaxístico.

Isto é como debería de ser. Pero nas mans que nos governan, o PXOM é unha ferramenta coa que se pagan favores políticos e económicos, se castigan actitudes contestatarias e se beneficia sen rubor a unhas empresas inmobiliarias, a costa de impedir o crecemento ordenado do rural estradense. O mesmo rural que votará maioritariamente a Ramón Campos nas próximas municipais.

Son moitos os feitos que nos levan a este punto de vista. Tantos, que citalos exhaustivamente sería un traballo cercano ao ensaio científico ou a crónica histórica. Nestes últimos anos (a longa noite do ladrillo) o governo estradense, representado na figura do seu anterior concellal de urbanismo, Alfonso Uzal, fixo unha xestión baseandose nas Normas Subsidiarias da Deputación, vixentes para os concellos que todavía carecen de PXOM. Esta normativa foi aprobada durante a dictadura franquista, froito da década tecnolóxica dos 60 e a explosión demográfica, e quedouse anticuada, entre outras cousas, por basearse en conceptos tales como alturas, retranqueos, volumes, edificabilidade por parcelas, etc. Hoxe aténdese a habitabilidade, sostenibilidade, a problemática do tráfico, a espacios abertos, á ordenación do territorio, e a outras ideas que esixen pensar as cidades con outra perspectiva.

Pola contra, o que ven sucedendo desde que Ramón Campos se puxo ao frente do PP estradense, pódese resumir en rúas estreitas, ausencia de zonas verdes, alturas que xa non se permiten nas cidades galegas, demolición de edificios de valor histórico, monopolio inmobiliario, licencias fóra da lei ... A maneira na que se ven edificando nestes últimos anos na Estrada vai contra o interés público, contra @s habitantes das vivendas, contra @s usuari@s da "cidade", contra a Arquitectura, contra o Patrimonio Cultural, contra o Medioambiente. E sabemos tod@s que desde hai anos o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza garda no caixón unha sentencia condenatoria para toda a corporación municipal, por prevaricar coa concesión de licencias dun edificio en Irmáns Valadares.

Foi no 1999 cando xa houbo a primeira tentativa de redactar o primeiro PXOM na Estrada. Non foi aprobado daquela pola oposición do PP, e non recordo cal era a posición dos outros partidos políticos. Desde logo non era un bó marco normativo, pois a pesar de ser un avance histórico contiña numerosos erros, e sobre todo non cambiaba nada do fundamental. Pero o PXOM do 2004 achégase ó esperpento. Nunca antes se enseñara tan claramente, por escrito e coa aprobación do Pleno do Concello, a relación de prebendas e dádivas do poder cara os seus financiadores. Tan descarado é, que en vez de presentar alegacións deberiamos firmar denuncias na Fiscalía Anticorrupción.

O pobo é testigo. A maioría tivo que pedir turno para ir velo. Eu conseguín unha copia pirata en CD-Rom (¡AEstradaDixital!). Presentaronse mais de 1200 alegacións, e o último dia 600 mais, case todas de propietarios pedindo a declaración de terreo edificable para as súas parcelas. Os súbditos de Don Ramón pedímoslle que nos conceda a versión reducida do dereito que xa lle concede a Bamarti, Dosemas, e compañía. ¿Ou acaso só os poderosos teñen dereito á especulación inmobiliaria?

Comments: Enviar um comentário

This page is powered by Blogger. Isn't yours?