<$BlogRSDUrl$>
Queremos crear un espacio de debate. Mentras avanzamos no uso da informática, aquí tes as nosas reflexións.
Se queres contarnos algo, ou se queres recibir automáticamente no teu correo os artigos, escribenos a QUEDAMOS SEN CORREO

2005-01-06

Oposicións no Concello: Fagan Apostas!!! 

Acaba de ser fechada a inscrición para participar no concurso-oposición a duas prazas de policía municipal convocadas polo Concello da Estrada. Hai mais de 20 persoas admitidas para as mesmas (28 segundo o Faro de Vigo, 29 segundo A Voz de Galicia), mais pola vila xa se di quen é un dos aprobados. Será quen todo o mundo di? será outra persoa? Por se acaso, nós non nos cortamos e damos o seu nome: Santiago Campos Villaverde, membro de Agrupación de Protección Civil da Estrada , e traballador (non sabemos se ainda na actualidade) do Grupo de Intervención Rápida do Concello, para o cal non houbo convocatória pública de prazas. Gostariamos de ter que rectificar e engolir este parágrafo o dia en que saia a listaxe oficial de aprobados, porque iso quereria dicer que nesta vila non hai enchufismos nen criación de postos laborais a medida das persoas, mais tememos que non vai ser así.
Por certo, tamén se di que a outra praza ten nome de muller, sen embargo non chegamos a saber exactamente cal.
Admiten-se mais apostas.


Comments:
o nome está moi claro, o que está máis dubidoso é o de quen escribe.... ese é o teu nome e apelido?... e segunda pregunta iso de "gostariamos"a quen se refire?....
 
Pois sí, o nome está claro ... a ver se vai estar claro tamén o enchufe ...
E quen escribe ... Eu son minhato, este é o meu blog anónimo, e o artigo o fixo unha persoa que colabora nesta páxina. O meu nome poderá ser público nun futuro, cando sexamos capaces de manter unha periodicidade na información e teñamos unha estructura legal de empresa, asociación ou fundación.
Pola segunda pregunta creo que pensas que este blog está promovido polo BNG de A Estrada, como eu xa escoitei por ahí. Estás equivocado. É costume na Estrada asociar calquer idea alternativa ou crítica social co BNG. Esa non é a realidade na que te moves, na vida somos máis xogadores que PP-PSOE-BNG, tí eres un máis, eu son outro, debemos ser miles de millóns. Existen moitas outras dinámicas sociais que marchan en direccións distintas ás dos partidos políticos.
 
Ao final aprobou a oposición ou non? E quen é o enchufe? Non será tan difícil adiviñalo, non. Quen manda, quen enchufa? Entre os Campos, Armestos, Valentinos, Sitos e Rositas pode haber algún máis...esquecinme do todopoderoso e incombustible Reboredo ...entre toda esta panda de lambons anda ou debe andar a cousa. Que ninguén o tome coma un ataque ou insulto, teño probas do que fan e en máis dunha ocasión fun perxudicado polas suas artimañas. O peor de todos non é Chito, el xa ten o papo cheo...é a sua camarilla. Como decían por ahí :O PRIMEIRO, A ESTRADA!

No seguinte contareivos de como vai o pxom e como se vai abrir unha casa rural en Santo André de Bea...
 
a oposición ainda non está resolta. A última nova é que os aspirantes protestaron porque nas probas físicas (realizaron-se non hai mais de tres semanas) saían claramente perxudicadas as mulleres aspirantes, pois eran-lle esixidas practicamente as mesmas marcas que aos homes (non só protestaron as aspirantes, tamén homes que participan no proceso, o cal lles honra).
 
Pois acertouse... segun di a Voz de Galicia (16-06-05):
Un pontevedrés y un estradense ocuparán las nuevas plazas de policía de A Estrada
Pablo Gómez y Santiago Campos lograron las máximas puntuaciones en la oposición local
El tercero de los candidatos se quedó a sólo seis décimas del puesto de agente.

Haberá que descubrir ao enchufe, non? Eu teño unha lista e non creo que me equivoque: Rebordero's Jeans, Payasete Chitochito, Armestator el indestructible, Rosita -supermandril-, o galán gañan Maceira, o papanenos Somoza, krilin Luis, Xacobo -canto mais alto mais bobo- Vilariño... Menuda panda...

continuará....
 
Enviar um comentário

This page is powered by Blogger. Isn't yours?