<$BlogRSDUrl$>
Queremos crear un espacio de debate. Mentras avanzamos no uso da informática, aquí tes as nosas reflexións.
Se queres contarnos algo, ou se queres recibir automáticamente no teu correo os artigos, escribenos a QUEDAMOS SEN CORREO

2005-03-04

¿É prioritaria a autovía? 

Estase creando un estado de opinión pública para conseguir que se faga unha autovía desde Compostela á Estrada. A idea que quere fomentar é a de completar a autovía Santiago-Cacheiras ata a nosa vila. Este tramo, xa adxudicado, parece imprescindible para resolver a desfeita urbanística de Cacheiras, perpetrada polo alcalde de Teo, Armando Blanco, e os seus cómplices na Consellería de DES-Ordenación do Territorio. O presidente da patronal de Pontevedra (CEP), José Manuel Fernández Alvariño, ven de declarar que "A Estrada esmorece por la falta de conexións viarias".
Tal diagnóstico, parece ser mais unha impresión persoal que froito dunha reflexión serenada e razoada. ¿Algúnha estadística que corrobore esta opinión? Quen tivo mais sentido foi o actual conselleiro Nuñez Feijoo cando veu inaugurar a peatonalización hai mais de seis meses. Negou a autovía por falta de tráfico e prometeu reparar a actual estrada C-541.
Con demasiada frecuencia se asocia a construcción de infraestructuras de formigón e asfalto como base do desenvolvemento dos povos. Exemplo claro o do síndrome do Plan Galicia.
O noso concello, que non ten aínda cobertura global de teléfono, internet ou alcantarillado, que non gasta un euro en protexer o seu espectacular entorno natural, que vive de espaldas ao seu patrimonio cultural, que pretende ser referente en turismo rural, que ten unha política cultural frouxa ... quere gastar 10 millóns de euros por quilómetro (64 millóns de euros/6,8 quilómetros)... para chegar 10 minutos antes a Santiago de Compostela.
O impacto social, ambiental e paisaxístico dunha autovia é moi alto, como tamén é moi alto o seu custe económico, e polo tanto só debe darse o paso cando as contas están moi claras. Non parece que o tráfico que soporta a estrada C-541 xustifique estas pretensións, aínda que é ben certo que o seu mantemento sempre foi escaso ou nulo por parte da COTOP, e hoxe está en bastante mal estado. Ademais calquera que circule por ela sabe que é dificil adiantar, o que provoca retrasos e incomodidades que se poderian evitar. É posible mellorar o seu trazado poñendo o triple carril en moitos mais puntos dos que agora ten. A ver se fora así a cousa.

Comments: Enviar um comentário

This page is powered by Blogger. Isn't yours?