<$BlogRSDUrl$>
Queremos crear un espacio de debate. Mentras avanzamos no uso da informática, aquí tes as nosas reflexións.
Se queres contarnos algo, ou se queres recibir automáticamente no teu correo os artigos, escribenos a QUEDAMOS SEN CORREO

2004-05-22

Catro cousas sobre este blog 

Unha.- Non é a nosa intención crear un blog ao uso: é simplemente o medio informático co que contamos de momento para ir facendo o que pretendemos: un lugar onde informar e debatir con liberdade. Deberá evolucionar, se as cousas saen como desexamos, a un portal colaborativo onde as usuarias e usuarios teñan a capacidade de aportar información, novas e comentarios. Pero vainos levar un tempo.

Dúas.- Como seguimos en probas, todavia non recomendamos esta dirección (provisional) mais que a persoas moi achegadas. Aínda así xa vai rulando e chegounos algunha felicitación, déronnos ánimos e xenerou certo interés. Xa aparecemos no google, vieiros e outras.

Tres.- Débolle disculpas á primeira persoa que publicou un comentario nesta web. Atopei unha páxina que proporcionaba un servicio independiente de comentarios para blogs baseado en javascript. Fixen o rexistro, e a publicación que fixo esta persoa demostrou que funcionaba.
Dous días despois o servicio do Blogger pechaba durante unhas horas para acometer reformas técnicas. Entre as novidades aparecia a posibilidade de incluir comentarios totalmente integrados no blog, ainda que non permitia engadir comentarios ás novas xa publicadas, e tampouco era boa idea manter simultáneamente ambos servicios. Así que, sentindoo moito, sacrifiquei o único existente ata o momento ... Disculpas: de verdade que foi moi gratificante sentir que algúen lera o que escribira.

Catro.- Unha averia informática grave vainos manter alonxados do traballo nesta web mais do que xa estabámos. Se non ocorre unha milagre técnica, estaremos como mínimo un par de semáns no dique seco para reparar o ordenata principal co que traballamos, navegamos, nos informamos e comunicamos.

E por último: se che interesa ser redactora ou redactor de novas sobre A Estrada, ponte en contacto connosco no correo. Agradecemos a túa axuda e queremos que isto funcione gracias as aportacións de moitas persoas.

Comments:
Agora mesmo cambiei a configuración do Blog para permitir os comentarios anónimos. Tal como estaba ata agora só podiamos colocalos usuarios rexistrados.
Xa deixei claro varias veces que non somos unhas máquinas da informática, erros como este serán habituais ...
 
Enviar um comentário

This page is powered by Blogger. Isn't yours?