<$BlogRSDUrl$>
Queremos crear un espacio de debate. Mentras avanzamos no uso da informática, aquí tes as nosas reflexións.
Se queres contarnos algo, ou se queres recibir automáticamente no teu correo os artigos, escribenos a QUEDAMOS SEN CORREO

2004-05-04

¿Folga encuberta na Policia Local da Estrada? 

Dous artigos da edición local da Voz de Galicia dan conta da extraordinaria situación na que se atopa a Policia Local da Estrada.
En A Estrada, sin policías y sin grúa de F.S. Cordón, nos explica algúns detalles da situación, que obrigou a suspender o servicio de grúa, xa de por si con moitos problemas. Ao parecer, 6 dos 13 axentes da plantilla están de baixa médica, o que impide o funcionamento do servicio. Un deles colleu a baixa despois de ter sido denunciado por unha incompatibilidade laboral.
No artigo Patrullas con sólo un poli Pedro Bermúdez reflexiona pola auténtica causa de tanta baixa médica, ademais de engadir algún comentario "gracioso" fóra de lugar. Pregúntase, sen afirmalo, se isto non será unha folga encuberta dos axentes que non están contentos, entre outras cousas, coa situación laboral na que se atopan.
De feito, están entre os que menos cobran de toda a Comunidade. Tamén os favoritismos e listas negras están a orde do dia, ademais de outros problemas mais profundos.
¿Quen pon unha multa por aparcar mal, cando pode ser anulada pola Alcaldía, que o vai vender como un favor persoal?
Existe tamén un agravio comparativo co corpo de Protección Civil, antaño o ollo bonito do Goberno estradense. A chantaxe anual da renovación de contratos impide o desenvolvemento de actitudes que dignifiquen e profesionalicen o servicio de emerxencias. Aquí a crítica, a queixa, as baixas laborais e a indefinición das funcións das que se debe responsabilizar Protección Civil non causan problemas. Como non son funcionarios, calquera que proteste non será contratado ano que ven.

Comments: Enviar um comentário

This page is powered by Blogger. Isn't yours?