<$BlogRSDUrl$>
Queremos crear un espacio de debate. Mentras avanzamos no uso da informática, aquí tes as nosas reflexións.
Se queres contarnos algo, ou se queres recibir automáticamente no teu correo os artigos, escribenos a QUEDAMOS SEN CORREO

2004-05-05

O escepticismo sobre "A Estrada Dixital" 

Se a información que ocasionalmente aparece na prensa non vos aclara moito as cousas sobre esta entelequia da Estrada Dixital, podedes probar a web oficial
Se tedes paciencia, un computador algo potente e o Plugin do Flash Player instalado, veredes unha espectacular animación (mirádea, é incrible) na que se di "Un Concello mais eficaz ... Unha tecnoloxía mais preto de tí ... Uns servicios mais útiles ... e para todos ... e para tí ... Comerciante: abre mais o teu comercio ... Maiores: vixía a túa saúde ... Empresario: observatorio sectorial do moble ... Xove: opina e participa ... cidadán do rural: aprende e comparte ... Emigrante: videoconferencia con América ... Estradense: o portelo dixital do Concello ... " Logo os créditos do Concello, Xunta, Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, Comisión Europea e INDRA, unha empresa tecnolóxica ligada ao sector militar que realizou a animación.
Logo chegaredes a un foro onde a xente pregunta e a información ... pois non convence moito. Para mostra, este comentario de varios cidadáns no mencionado foro.
"... previsión tecnológica de futuro para el municipio de A Estrada", "... proyecto único en Galicia", "compromiso del Ministerio de Ciencia y Tecnología y de la Xunta para llegar a los 6 millones de euros", "La apuesta será fuerte en las primeras actuaciones ...", "El proyecto tiene como eje central al ciudadano, y la tecnología es solo un instrumento" ... e moitas mensaxes con palabras de contido similar. Un veciño convidado expresa-se con claridade: "Boas. Estou mirando e remirando, entrando e reentrando e chego a conclusión de que aestradadixital só en un foro no que podemos dar a nosa opinión ¿Só é esto?"
Nin presuposto, nin obxectivos, nin estudios técnicos da situación, nin enquisas dos costumes e necesidades da poboación, nin as tecnoloxías a implantar, nin os estratos de poboación afectados: ninguén sabe en que consiste o proxecto.
Eu penso que se trata de facer unha grande inversión. E punto. Hai financiación prometida. Hai a quen darlle as contratas. Hai a quen darlle os postos de traballo. A fin de contas as xestións so se encamiñan a financiar o asunto, pero ¿para facer QUÉ?

¿Alfabetización dixital para toda a poboación?
¿Subvencións para a merca de ordenadores?
¿Substitución das liñas TRAC nos lugares que as sufren?
¿ADSL para o rural?
¿Wifi gratis/pago para algunha parte do concello?
¿Servicios especiais para o comercio e industria estradense?
¿Locais sociais para navegar por internet?
¿Formación informática para os maiores?
¿Proxecto especial para os centros educativos?
¿Administración dixital?
¿Servicios de Televisión Local Dixital?
¿Coordinación das obras civís para ir introducindo cableado?

Estas preguntas son mais informativas que todo o que temos lido ata agora. É demasiado obscuro, subterráneo. Fede a alcantarilla. Negocios escuros en voz baixa.
Se aos resposables lles resulta tan dificil explicar en que consiste isto, ou non o saben (e a ver que carallo estan facendo entón) ou teñen intereses ocultos que non se poden explicar aos cidadáns (disto haiche moito neste Reino).
¿E que pasará co cambio no governo Español?

Comments: Enviar um comentário

This page is powered by Blogger. Isn't yours?