<$BlogRSDUrl$>
Queremos crear un espacio de debate. Mentras avanzamos no uso da informática, aquí tes as nosas reflexións.
Se queres contarnos algo, ou se queres recibir automáticamente no teu correo os artigos, escribenos a QUEDAMOS SEN CORREO

2004-05-06

Ramón Campos en Caracas  

Agora que se achegan as eleccións europeas, o alcalde Ramón Campos acude a América Latina a xestionar avances para A Estrada. Segundo o "programa" que se publica na Voz de Galicia, eu non vexo que vaiamos ter mellora algunha.
Ainda que, na nosa ignorancia de simples cidadáns sen responsabilidades de goberno, quizais non sexamos quen de percibir a importancia que teñen para os nosos intereses actos como "fiesta de bienvenida, presencia en una romería con misa y procesión en honor a San Paio, reunión con la directiva de la Asociación Hijos de A Estrada, recorrido turístico por Caracas, recepción a las familias emigradas con más necesidades, empresarios estradenses del sector del mueble y también con comerciantes y otros empresarios, etc ..."
Lamentablemente, na web do concello non puiden atopar información sobre a orde do dia para as citadas reunións. E xa que non disfruto da cobertura informativa de Radio Televisión da Estrada, pois non coñezo aínda o resultado destas xestións.
Ademais, esta viaxe ten un coste despreciable para o concello, pois un gasto de 600€ dentro dun presuposto anual de 600.000€ so representa a milésima parte do mesmo. Ainda que Gonzalo Constenla, concellal do BNG, aumenta esta cifra ata 3000€, tampouco isto é demasiado. De feito os dous acompañantes do alcalde (a súa dona e Valentín García, o normalizador lingüístico do Concello) "financian" o coste do seu billete nesta viaxe.
Eu penso que é pouco gasto. Se o concello invirte dúcias de miles de euros en camións para o lixo, e ninguén o considera excesivo, ¿por que tanto escándalo por medio kilo? ¿Como pode ser que un funcionaro municipal que vai realizar traballos de asesoramento cultural teña que pagar a viaxe do seu bolsillo? ¿Acaso os emigrantes mais necesitados non merecen un dispendio mais xeneroso?
¿Ou non será que tod@s @s cidadáns, a oposición, o alcalde, a súa muller e Valentín García teñen claro que esta viaxe non é para o que dicen que é?

This page is powered by Blogger. Isn't yours?